Ashley Greene sufre aparicións

0
213

Ashley GreeneAshley Greene (Twilight) está en conversas para protagonizar o thriller The Apparition para a produtora Dark Castle.

A história, inspirada en acontecementos que seica son reais, céntra-se nunha parella enmeigada por unha presenza sobrenatural liberada no decurso dun estraño experimento levado a cabo na universidade.

Todd Lincoln escribirá o guión e dirixirá este filme cuxa rodaxe está prevista para escomezar a partir do vindeiro 1 de febreiro, contando coa produción de Joel Silver, Andrew Rona e Alex Heineman.