Volven os Micronautas

0
166

MicronautsJ.J. Abrams (Star Trek, Perdidos) está en conversas para se encarregar da produción de Micronauts, a adaptación para o cinema da popular liña de xoguetes xaponeses.

Os xoguetes, lanzados por primeira vez en 1974 co nome de Microman e posteriormente en 1976 ao mercado mundial xa baixo o nome occidentalizado de Micronauts, son unhas figuriñas de acción con forma de robots duns 8 centímetros de altas, que contan con moitos accesórios. Todas as figuriñas teñen un deseño tal que as súas pezas poden ser intercambiadas, creando novos persoaxes.

Palisades Toys mercou os dereitos para reproducir ao cinema aos Micronautas en 2002, mentres que a Marvel Comics lanzou en 1979 unha série de cómics. En 1999 lanzou-se unha adaptación en anime co nome de Chiisana Kyojin Microman.

Ainda que os xoguetes tiveron bastante éxito, a compañía orixinal deixou de fabrica-los en 1980 antes de crebar en 1982, polo que a Palisades tivo que lle pedir aos coleccionistas que lle deixasen os seus xoguetes para poder reproducir moitas das súas características.