Jake West en Scribbler

0
198

ScribblerJake West, o director de Evil Aliens e Doghouse, regresará con The Scribbler, unha produción da Stealth Media Group, cuxa rodaxe ten previsto escomezar o vindeiro 1 de marzo en Inglaterra. O filme é un thriller de acción e ciéncia-ficción con reminiscéncias de cinema negro e o seu argumenta xira ao redor dunha muller nova que ven de abandoar un hospital psiquiátrico, onde se atopaba por mor dun transtorn ode persoalidades múltiples para continuar o seu tratamento nunha casa con outros pacientes mentais, pero onde axiña se decata de que os seus residentes están a morrer nunha proporción demasiado elevada.

The Scribbler está baseada nunha novela gráfica escrita e ilustrada por Dan Schaffer, publicada pola Image comics e suporá a quinta longametraxe de Jake após dunha série de éxitos anteriores todos eles dentro do cinema de xénero.

O filme contará coa produción de Craig Tuohy e da Spice Factory e cun orzamento de ao redor de 3,5 millóns de dólares (2,3 millóns de euros). Polo de agora non hai ningún vencellado á rodaxe pero a produtora agarda poder facer o anúncio axiña.