A casa dos soños

0
166

Daniel CraigO actor que dá vida ao axente secreto 007, Daniel Craig, ven de se unir ao reparto do vindeiro thriller psicolóxico de Jim Sheridan Dream House que realizará a Morgan Creek Productions.

A história vai sobre un home (Craig) que se muda xunto coa súa família a unha pintoresca nova casa nunha pequena vila, para atopar alí que o lugar está enmeigado polos seus antigos habitantes, quen foron asasinados nese lugar.

A rodaxe escomezará o vindeiro 25 de xaneiro e durará até o 9 de abril de 2010 nos estudos Pinewood en Toronto (Canadá).