Amy Heckerling cos vampiros

0
188

Amy HeckerlingA Parlay Films ven de se facer cos dereitos mundiais da comédia romántica actualmente en desenvolvemento Vamps, orixinal da directora de Clueless e Fast Times At Ridgemont High, Amy Heckerling.

O filme será unha narración situada nos nosos tempos sobre dúas rapazas vampiros que viven a boa vida en New York até que o amor chega aos seus corazóns e daquela ambas as dúas deberán tomar unha elección que porá en risco a súa inmortalidade.

Krysten Ritter (Confessions Of A Shopaholic) interpretará un dos dous papeis principais, mentres que o resto do reparto está ainda por determinar.

Lauren Versel e Molly Hassell serán os produtores deste filme, cuxa rodaxe escomezará en marzo.