Winona Ryder no Cisne Negro

0
219

Winona RyderVincent Cassel, Winona Ryder e Barbara Hershey son as últimas incorporacións ao reparto de Black Swan, o novo filme de Darren Aronofsky.

A história vai sobre a veterán bailarina de ballet Nina (a quen dá vida Natalie Portman) quen se atopará de súpeto inmersa nunha situación de competir contra unha rival chamada Lilly (Mila Kunis), mentres se achega cada vez mais a data de estrea da seguinte grande produción da escola de ballet, unha nova versión do Lago dos Cisnes.

O toque fantástico neste filme ven dado porque a bailarina veterán non está segura de se a súa rival é unha aparición sobrenatural ou é que ela está a sufrir ilusións.

Ryder fai o papel da bailarina principal, cuxo posto é envexado por todas, mentres que Cassel interpretará ao sinistro director de produción. Pola súa banda, Hershey será a nai de Nina.

O proxecto escomezará a se rodar axiña, pero aínda está por pechar-se o acordo de quen será a distribuidora do filme.