Johnston noutro Xurásico

0
188

Joe JohnstonO director de Parque Xurásico III e The Wolfman, Joe Johnston, ven de revelar á prensa que xa está após da ideia dunha cuarta entrega da saga dos dinosáuros e que sen dúbida está moi interesado en formar parte do proxecto.

Hai unha estupenda história para a cuarta parte da que estou interesado en formar parte e non te nren que ver coas tres primeiras. É como levar á franquía por unha nova dirección completamente distinta, e ése é o único xeito no que eu podería querer estar vencellado“, dixo Johnston.

Ademais, engadiu que non será o típico argumento de xente que debe sobrevivir a un ataque de dinosáuros nunha illa, coma xa se viu nas outras tres entregas.

A nova ideia nombergantes será o despegue dunha nova triloxía básicamente, “pero cando as cousas chegan a ese nivel xa é hora de implicar aos estudos e a Steven Spielberg, así que quen sabe“, dixo.