Mais mistérios no Vaticano

0
208

O VaticanoSeica unha vez Hollywood abriu a veda do Vaticano, xa non hai posibilidade de volta atrás e o mítico reino dos cristiáns romanos é só outro punto de mira para os guionistas de xénero fantástico. Así, James Marsh (Man on Wire, The King) será o director do vindeiro thriller sobrenatural The Vatican Tapes que producirán a Lionsgate e mais a Lakeshore Entertainment.

A história vai sobre unha série de acontecementos que se desenvolven cando unha fita de vídeo propriedade do Vaticano chega ás mans de alguén de fóra. Na fita póde-se ver un exorcismo que seica sae mal.

Chris Borrelli escribiu o guión, baseado nunha história que el mesmo creou xunto a Chris Morgan. Gary Lucchesi, Tom Rosenberg, Chris Cowles e mais o memos Morgan serán os produtores.