Dous dos protagonistas principais após da escena do thriller de 1995 Se7en volverán unir as súas forzas noutro filme que levará por título The Reincarnation of Peter Proud e que producirá a Sony Pictures.
David Fincher é o nome que soa para a dirección, mentres que Andrew Kevin Walker será o encargado de adaptar o guión e Michael De Luca o produtor.
O filme é unha adaptación da novela homónima de Max Ehrlich, que vai sobre un profesor universitário que escomeza a ter soños recurrentes e pesadelos, e ao se decatar de que son imaxes dunha vida pasada, decide investigar a fonte das súas visións. Xunto á súa moza, descubrirá unha muller e mais a súa filla xa maior que son elementos chave na história da súa vida pasada.
O plan é seguir o mais posíbel a novela orixinal de 1973, porque en 1975 xa se rodou outro filme mais ou menos baseado na mesma, e adapta-lo á época actual.
Michael Sarrazin e Margot Kidder foran os protagonistas daquel filme de 1975, que adaptou o mesmo Ehrlich.