Gyllenhaal atopa o código fonte

598

Jake GyllenhaalJake Gyllenhaal está en negociacións para se unir ao thriller de ciéncia-ficción Source Code que desenvolverán a Vendome Pictures, a The Mark Gordon Co. e mais a Summit Entertainment.

O argumento xira ao redor dun soldado que esperta no corpo dunha persoa descoñecida que viaxa diáriamente ao seu lugar de traballo e é obrigado a vivir e revivir un atentado con bombas no tren até que poida chegar a determinar quen é o responsábel.

O realizador de Moon, Duncan Jones, será quen ocupe a cadeira de director deste proxecto, que lle obrigará a deixar aparcado o seu filme de ciéncia-ficción baseado en Berlín Mute polo de agora. A rodaxe dará comezo no primeiro cuarto do ano que ven.

Mark Gordon, Philippe Rousselet e Jordan Wynn serán os produtores.