O apocalipse de Wiseman

0
162

Len WisemanLen Wiseman (Underworld, Live Free or Die Hard) está en conversas para se encargar da dirección e produción dun filme ainda sen título pero que ten un tema apocalíptico e que se fará baixo o selo da 20th Century Fox.

A história está baseada nunha idea orixinal sobre un grupo de xente que sobrevive ao fin do mundo e deben averiguar o mistério que hai após da catástrofe que os levou á súa situación.

A Fox está á procura de guionistas para o proxecto. Wiseman está aínda vencellado a outro par de filmes: a película de acción militar submariña Atlantis Rising e mais a longametraxe de guerras no futuro Shrapnel.