De France en Hereafter

0
215

Cecile de FranceA actriz Cecile de France (High Tension, Russian Dolls) ven de asinar o contrato polo que se compromete a traballar como antagonista de Matt Damon no vindeiro drama sobrenatural de Clint Eastwood Hereafter para a Warner Bros. Pictures.

Peter Morgan (The Queen, Frost/Nixon) escribiu o guión, sobre o que ainda non se sabe moito, tan só que vai sobre tres persoas que son tocadas pola morte de xeitos diferentes.

De France interpretará a unha xornalista francesa que ten unha experiéncia próxima á morte. Eastwood, Kathleen Kennedy e Robert Lorenz serán os produtores.

A rodaxe deu xa comezo o pasado mes e se desenvolverá por París, Londres, as illas Hawaii e San Francisco, todo coa vista posta nun lanzamento que terá lugar en decembro de 2010.