A Gata Negra en Spiderman?

0
180

A Gata NegraA Gata Negra, ou sexa, Felicia Hardy, é unha ladrona e ás veces loitadora contra o crime que apareceu en non poucos números da série da Marvel Comics Spiderman, chegando mesmo a se converter na súa moza. E agora o persoaxe podería facer-se realidade e converter-se nun elemento chave na vindeira cuarta entrega da saga cinematográfica do home araña.

O rumor que corre pola Rede é que a actriz Rachel McAdams reuniu-se cos produtores para facer o papel da Gata Negra e ser unha das dúas principais super-malvadas do novo filme. O outro sería un supervilán masculino, probábelmente o Lagarto (o doutor Curt Conners) que podería interpretar Dylan Baker, se ben outras fontes dan como excluida esa posibilidade.

O único seguro polo de agora é que McAdams non foi a única entrevistada, xa que a actriz Romola Galai pasou o martes cos produtores, tamén seica na procura dalgún papeliño.

As nosas fontes ben informadas afirman que quen se leve o papel da Gata podería ser a filla do novo editor do Daily Bugle, un home ao que chaman “unha víbora”. O seu persoaxe namóra-se de Peter Parker e descobre a súa identidade. Após diso, o seu pai morre e Hardy covérte-se nunha ameaza para o trepamuros. Mentres, algúns xornais din que “O Víbora” podería ser outro superfalcatruán, pero non hai ningún na galería de malos de Spiderman con ese nome.