Flores para Will Smith

0
242

Flores para AlgernonSeica Will Smith ven de asinar para protagonizar e producir unha adaptación co cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de Daniel Keyes Flores para Algernon, publicada en 1959. Smith traballaría para a súa propia produtora, a Overbrook Entertainment.

En todo caso, a história de Algernon céntra-se nun home mentalmente discapacitado que se converte no primeiro en pasar por unha operación que lle dará intelixéncia. E ainda que a operación é todo un éxito, dándolle un cociente intelectual de 185 cando antes era de 68, os efectos colaterais serán os da súa exclusión social e o ostracismo.

Ainda non hai guionista nin director vencellados a este proxecto, se ben Gabriele Muccino (The Pursuit of Happyness, Seven Pounds) é un dos nomes que soan. Cliff Robertson levou un Oscar ao millor actor na anterior adaptación ao cinema desta novela, que se fixo en 1968 e titulou-se Charly.