A Torre Escura sen Abrams

0
217

A Torre EscuraOs creadores da série de televisión Perdidos J.J. Abrams e Damon Lindelof veñen de ficar fóra do proxecto longamente agardado da adaptación da saga fantástica de Stephen King A Torre Escura.

Abrams revelou á prensa que todo o asunto da Torre Escura é moi complicado: “É unha obra literária moi importante. A verdade é que Damon e mais eu non estamos a procurar iso agora mesmo. Após de traballar seis anos en Perdidos, a derradeira cousa que queiro é pasar os vindeiros sete anos adaptando ún dos meus libros favoritos de todos os tempos. Son un fan tan grande de Stephen King que estou aterrorizado coa idea de fode-lo todo“, dixo.

Deste xeito, o director de Star Trek dixo que está desexoso de ver como outra persoa interpreta o proxecto: “Farei de todo para ver eses filmes escritos por outra persoa. Coido que se farán porque son incríbeis. Pero non serei eu“.

Lindelof engadiu que a adaptación de Watchmen deu-lle tempo: “Após de ver a Zack Snyder pasar pol oque pasou en Watchmen en termos de dicir de onde pode facer digresións do material, dóe-me a cabeza só de pensar que eu tería que cambia-lo todo“.