Kelly non estará en Darko 2

771

Richard KellyRichard Kelly, que escribiu o guión e dirixiu o filme de ciéncia-ficción de culto Donnie Darko, ven de anunciar no seu blogue persoal que recebiu recentemente ofertas para dirixir unha segunda parte, pero que el non ten intención de se implicar no proxecto.

Para deixar as cousas claras, velaquí algúns feitos que gostaría de compartir con todos vós“, escribiu Kelly. “Eu non lin o novo guión. Non teño absolutamente ningunha implicación con esa produción, nin a terei nunca“.

Kelly continuou decindo que el e mais o seu parceiro de produción, Sean McKittrick, non teñen control sobre os dereitos do filme orixinal, polo que non farán ningún ingreso caso de se facer unha segunda parte, tal e coma se rumorea insistentemente.

Ademáis, Kelly dixo que pasouno estupendamente mentres editaba o seu novo filme de terror, The Box, e que un grupo moi coñecido será o encargado de lle poñer música á banda sonora. Por outros médios se soubo que o devandito grupo será a banda de rock Arcade Fire.