Sen descanso

0
176

Gus Van SantHenry Hopper (o fillo de Dennis Hopper), Schuyler Fisk (a filla de Sissy Spacek), Chin Han, Ryo Kase e Jane Adams veñen de se unir ao reparto do vindeiro proxecto de Gus Van Sant, o filme Restless.

O guión de Jason Lew vai sobre un adolescente (Hopper) que quere superar o pasamento dos seus pais, e unha rapaza (Mia Wasikowska) que comparte o seu desacougo pola mortalidade.

Fisk fará o papel da irmá de Wasikowska, Chin Han será un médico que trata a Wasikowska, Kase interpretará ao pantasma dun piloto kamikaze da Segunda Guerra Mundial, e Adams será a tía do rapaz.

Bryce Dallas Howard e Ron Howard serán os produtores deste filme cuxa rodaxe estaba prevista para escomezar hai un par de días en Portland, Oregon.