Rock heavy en Green Hornet

823

AnvilTal e coma adiantamos hai uns meses, o clásico grupo de rock heavy canadiano Anvil fará un cameo na vindeira película de Michael Gondry sobre o heroe da rádio The Green Hornet, que protagonizará Seth Rogen.

Os músicos xa gravaron as súas escenas o pasado mes de outubro mentres realizaban unha xira co gallo do lanzamento do seu novo disco, Anvil! The Story of Anvil.

Agora, o director de documentais Sacha Gervasi ven de revelar á prensa o que a banda de rock fará nas súas escenas neste filme, e seica de feito o filme escomezará con Anvil tocando nun clube de rock: “e coido que voan nun estourido, e por suposto na millor tradición de Anvil, continuarán tocando mesmo mália a explosión“.