A Warner Brothers ven de contratar a Greg Berlanti para que dirixa Lanterna Verde, un filme de acción real co famoso super-heroe da DC Comics no papel protagonista.
Berlanti escribirá o guión con Marc Guggenheim e Michael Green. Donald De Line producirá, e Andrew Haas será o produtor executivo.
Berlanti agarda poder dar así o chimpo aos filmes fantásticos de grande orzamento após de traballar moitos anos como guionista e produtor executivo de séries de televisión coma Dirty Sexy Money, Brothers & Sisters, Everwood e Dawson’s Creek.
Lanterna Verde é un super-heroe creado en 1940. Hal Jordan, un piloto de probas, é un home ordinário ao que unha raza de seres extra-terrestres encárga-lle gardar e protexer á Terra e ao seu sector do universo utilizando para elo os poderes procedentes dunha Lanterna Verde.