Paranormal Activity, 100 millóns

0
187

Paranormal ActivityO thriller Paranormal Activity, que se rodou cun orzamento de 15.000 dólares (10.000 euros), ven de sobrepasar a marca de 100 millóns de dólares de recadación tan só no mercado interno americano, converténdo-se deste xeito no filme clasificado “R” (para maiores de 18) con mais recadación dos últimos dez anos.

O filme escomezou a súa andaina polos cinemas en á penas doce vilas non importantes dos Estados Unidos, onde era proxectado só a partir da media noite, pero axiña se converteu nun grande éxito en todo o país onde unha campaña en Internet que contou con mais dun millón de sinaturas esixiu a súa estrea. A Paramount expandiu entón a proxección para fóra dos Estados Unidos, e leva dende aquela proxectándo-se nos cinemas.

O éxito é especialmente relevante se consideramos que a súa campaña de marketing fose case nula e tan só descansou no clásico boca a boca.

E por riba, hai que engadir que existe unha cópia pirateada de grande cualidade dispoñíbel na Internet dende hai unhas semanas, o que non só non produciu perdas ao filme, senón que seica convenceu aos espectadores para iren mais ao cinema a ver o filme en pantalla grande.