El internado pása-se aos videoxogos

0
181

El internadoA série de televisión El internado ven de se converter na primeira de ficción española que conta cunha versión en videoxogo. Coincidindo coa estrea da sexta tempada da série, o luns 16, a empresa Namco Bandai puxo no mercado o videoxogo oficial para Nintendo DS de El internado.

Esta série de mistério que está na fronteira do fantástico foi un dos grandes éxitos de audiéncia da pasada tempada de Antena 3, cunha média de algo mais de tres millóns de seguidores semanais, e agora dá o chimpo aos videoxogos con guións supervisados pola equipa da ficción televisiva.

Coma na série producida por Globomedia, os xogadores verán-se envoltos en numerosas tramas de mistério e terror, e contarán asemade con contidos extras e argumentos paralelos aos da série.

O fenómeno de fans desta ficción televisiva, que conta cun clube de fans de dez mil persoas, animou tamén á canle privada a lanzar a Guía Oficial de El internado, que inclúe curiosidades da série, un percorrido en 3 dimensións polos decorados e mais o escudo oficial dá série.