Cancelado Nemo

0
163

O capitán NemoO filme da Disney Captain Nemo: 20,000 Leagues Under the Sea, que ía adaptar a clásica novela de Jules Verne, ven de ser cancelado. O proxecto, que tiña previsto escomezar a se rodar en febreiro, foi adiado de xeito indefinido e de feito o director McG xa abandoou esta tarefa.

Mália os rumores da participación de Will Smith, nunca se fixera pública unha lista de actores para o reparto, que sufre este atraso, se cadra definitivo, por mor da nova xeréncia que está ao fronte dos estudos: o troco de Dick Cook a Rich Ross quitou-lle prioridade a este proxecto e posíbelmente a algúns outros dos que saberemos nun futuro próximo.

Polo de agora, a nova máxima prioridade da Disney no tocantes a proxectos acuáticos é a cuarta entrega de Piratas do Caribe, que escomezará a se rodar en maio. O director de Chicago e Memórias dunha Geisha, Rob Marshall, ven de confirmar que el será o encarregado da realización deste filme.