Guionista para Hack/Slash

0
158

Hack/SlashStephen Susco (The Grudge) ven de asinar o contrato polo que pasará a ser o guionista da vindeira adaptación ao cinema do cómic Hack/Slash.

A história narrará as aventuras de Hack, unha rapaza que viaxa a pequenas vilas por todos os Estados Unidos, sempre á procura dos mais temíbeis asasinos en série.

Susco escribirá o novo guión, ainda que hai que lembrar que a mesma tarefa xa pasou previamente polas mans de Justin Marks, Todd Lincoln, Ben Magid e Martin Schenk.