Fraggle Rock ao cinema

989

Fraggle RockThe Weinstein Co. adaptará a série televisiva de monicreques de Jim Henson Fraggle Rock para converte-la nun musical con acción real. Cory Edwards (Hoodwinked!) dirixirá o filme e escribirá o guión. The Jim Henson Co. producirá e a The Weinstein Co. será a encargada de distribui-lo.

Cuspidiño á série, o filme contará cunha misturra de persoaxes humáns e monicreques de Fraggle Rock. Os persoaxes centrais serán Gogo, Wembley, Mokey, Boober e Red, noi seu fogar de Fraggle Rock, onde interactuarán con seres humanos que eles coidan que son extra-terrestres. A série de TV comezou a se emitir na canle americana HBO en 1983, e contou con cinco tempadas, chegando a se emitir en máis de 80 países de todo o mundo. Ademáis, cando as tres primeiras tempadas apareceron en DVD, acadaron moi boas vendas.

O proxecto foi posíbel porque o vicepresidente da Weinstein Co., Harvey Weinstein, que está a tentar implicar cada vez máis á súa compañía no mercado familiar, casou con Lisa Henson, a vicepresidenta da Jim Henson Co. (xunto co seu irmán Brian Henson). Ahmet Zappa será o produtor executivo xunto con Brian Inerfeld.

Con este proxecto pécha-se unha nova colaboración entre The Weinstein Co. e a equipa creativa que hai após do filme de debuxos animados Hoodwinked!. Edwards volverá a formar equipa co guionista de Hoodwinked! Tony Leech na longametraxe de debuxos Escape From Planet Earth, unha aventura con áliens que será o debut coma director de Leech.

Edwards está a desenvolver pola súa conta unha adaptación con actores de carne e óso da franquía de parques de atraccións Halloween Haunt, deseñada para se rodar en 3D pola Kerner Optical e producida pola Davis Entertainment, Dave Phillips e Tracey Edmonds.