Justin Theroux no espazo

0
165

Justin TherouxJustin Theroux, ún dos poucos guionistas de Hollywood cun nome de seu, é o novo encarregado de escribir o guión para a comédia romántica de astronautas Space Invader para a 20th Century Fox e mais a Davis Entertainment.

A história céntra-se nun home que decide ir ao espazo após de sospeitar que a súa moza de toda a vida, que é astronauta, está a engana-lo con outro compañeiro espacial.

Will Arnett será o protagonista desta comédia, orixinalmente escrita por Mike Lisbe e Nate Reger.

Theroux, que xa rematou de escribir Tropic Thunder e mais a vindeira secuela de Iron Man, podería asemade converter-se no director desta longametraxe.