Nightfall pása-se ao cinema

0
182

NightfallA Aurora Productions de William Stuart e mais a Platinum Studios, Inc. veñen de se asociar para pasar a novela gráfica da Platinum Nightfall á pantalla grande.

Nightfall, orixinal de Scott O. Brown e mais do debuxante español Ferrán Xalabarder, narra a história dun home que averígua o mala que pode chegar a ser a vida após de descobrir que a prisión na que ven de ser encerrado está controlada por vampiros.

William Stuart producirá xunto ao presidente e director executivo da Platinum Studios Scott Mitchell Rosenberg. O antigo produtor executivo da Universal Pictures Randy Greenberg, actualmente xefe máximo da Greenberg Group, e que axudou a pechar o trato, sería o produtor executivo deste filme.

Nightfall é unha extraordinária oportunidade de facer un thriller fantástico de terror nun xénero que está incríbelmente de actualidade“, dixo Stuart, quen engadiu que “a Platinum Studios ten unha profundidade creativa marabillosa e unha probada halidade de conseguir que as cousas acontezan“.