Murphy aterrada polas chamadas

0
197

Brittany MurphyBrittany Murphy será a protagonista do novo thriller dirixido por Matthew Parkhill The Caller para os estudos Alcove Entertainment.

Murphy fará o papel dunha muller divorciada con problemas, Mary Kee, quen comeza a recibir misteriosas chamadas de teléfone por parte dalguén descoñecido, e axiña se verá atrapada na súa própia casa. Pero cando descubra que a persoa que chama ven do pasado, Mary decáta-se de que terá que mata-la para poder sobrevivir ela mesma. Claro que… como podes matar a alguén que vive no pasado e o que pode acontecer se fracasa?

Stephen Moyer e mais o latino Luis Guzman tamén protagonizan este filme, cuxa rodaxe comeza este mesmo venres en Porto Rico.