A seguinte novela do mestre do terror Stephen King, un thriller sobrenatural que levará por título Under the Dome, xa apunta directamente ás pantallas de televisión e podería converter-se nunha minisérie antes do pensado.
A DreamWorks TV ven de se facer cos dereitos sobre o libro e planea converte-lo nunha minisérie que se seguirá a través dalgunha canle por cable. Os guionistas xa están a manter xuntanzas cos estudos para ver o mellor xeito de enfocar esta tarefa.
O argumento da novela é un drama que se desenvolve ao redor dunha pequena vila de vacacións en Maine, onde un campo de forza invisíbel descende sobre a mesma deixándo-a atrapada dentro. E mentres os habitantes da vila loitan por sobrevivir, comezan a xurdir faccións rivais lideradas pro persoaxes enigmáticos.
King, Steven Spielberg, Stacey Snider, Darryl Frank e Justin Falvey serán os produtores executivos.