Fessenden fóra do Orfanato

833

O OrfanatoO produtor Larry Fessenden ven de abandoar a cadeira de director do remake americano do thriller sobrenatural español de 2007 O Orfanato (The Orphanage).

Fessenden, que leva vencellado ao posto de director dende o pasado mes de agosto, traballo na versión en inglés do guión do remake xunto co produtor Guillermo del Toro no que segundo dixo, foi unha experiéncia moi emocionante.

Daquela, o qué é o que aconteceu? Pois que seica existe unha grande liorta ao redor do reparto do filme, que non acaba de se resolver. Fessenden dixo que “coido que van face-lo doutro xeito, enrealidade. Así que coido que estou fóra disto. Con sorte, usarán o meu guión, pero non estou seguro de que siga sendo o director“.

En todo caso, o proxecto fica moi tocado e xa non é seguro que se continúe adiante. Para Fessenden haberá outros proxectos, ainda que admitiu que unha vez que estivo vencellado a este importante, agora vai ser algo máis cauteloso á hora de escoller o seguinte.