A cuarta de Underworld

0
196

UnderworldO guionista de The Shield, John Hlavin, será o encargado de escribir para a Screen Gems e mais a Lakeshore Entertainment o libreto dunha cuarta entrega da saga de lobishomes por exceléncia dos últimos tempos, Underworld.

Ainda que Hlavin non deu ningún detalle sobre a liña argumental, si que puido confirmar que non será unha precuela e que introducirá novos elementos, xa que os produtores non queren refacer nada das tres primeiras películas.

Ainda non hai director nin actores vencellados a este proxecto, e de feito os anteriores protagonistas Kate Beckinsale, Bill Nighy, Michael Sheen e Rhona Mitra non asinaron a súa volta. Len Wiseman, Gary Lucchesi, Tom Rosenberg e Richard Wright serán os produtores.