Brad Pitt en Dark Void

0
192

Dark VoidA compañía produtora de Brad Pitt, a Plan B, ven de asinar un contrato coa Capcom para desenvolver un filme baseado en Dark Void, un xogo de ciéncia-ficción, acción e aventura da coñecida empresa xaponesa editora de videoxogos para as plataformas XBOX360, PS3 e PC.

Ademáis, Pitt terá un papel no filme, xa que será ún dos principais persoaxes do videoxogo, o piloto de avións dos anos 50 William Agustus Grey, que se estrela no triángulo das Bermudas e esperta nun universo paralelo. Grey e mais outros supervivintes, entre os que se inclúe a Nicola Tesla, deberán loitar contra os Vixiantes, unha raza alieníxena empeñada en conquistar o noso mundo. O elemento principal do xogo son as mochilas voadoras que axudarán aos protagonistas a se mover polo aire.

Ainda que o xogo non foi tan sequera lanzado nos Estados unidos (non se espera que aconteza até o 19 de xaneiro), Dark Void contén todos os ingredientes para ser un supervendas e poder converter-se nunha franquía para o cinema. De feito, este anúncio podería ser un bó aliciente para outros filmes baseados en videoxogos, que non adoitan contar con actores de primeira liña coma Pitt.