A Revolución atrapa a Peter Fonda

0
201

Peter FondaPeter Fonda ven de se unir ao reparto do telefilme Revolution, un episódio piloto de dúas horas na canle CBS Paramount Network Television e que irá sobre un planeta colonizado por humáns.

Fonda interpretará ao avó e patriarca da família Hart, dominadores de “Nova América”, un planeta a 50 anos luz da Terra. No episódio piloto tamén aparecerán Billy Campbell, David Smith, Steve Sandvoss, Brooklyn Sudano e Rowena King.

Revolution é un proxecto de série que foi creada e escrita por Ed Redlich (Shark, Without a Trace) e John Bellucci (Jack and Bobby, Without a Trace), que ademáis serán os produtores executivos xunto a Simon West (Lara Croft, Tomb Raider).