Jackson no remake de UFO

0
168

UFOJoshua Jackson (Dawson crece, Fringe) será o protagonista dun novo filme que adaptará a clásica série de culto inglesa de ciéncia-ficción dos anos 70 UFO.

Jackson fará o papel de Paul Foster, un piloto de probas que se une ao S.H.A.D.O. (Supreme Headquarters Alien Defense Organization), unha organización secreta cuxo cuartel xeral está disimulado baixo uns estudos de Hollywood e que está adicada á defensa da Terra contra unha raza de áliens que está a abducir aos seres humáns e utilizando partes de cadavres para os seus sinistros fins.

Famoso polas súas séries televisivas de monicreques coma Thunderbirds e Captain Scarlett, Gerry Anderson pasou-se á acción con actores reais coa série UFO, que durou unha soa tempada (26 episódios) dende 1970 a 1971. Unha segunda série foi encargada, pero nunca chegou a se realizar, e logo grande parte daquel traballo utilizou-se para se incorporar á outra série, a mais coñecida de Anderson, Espazo 1999, que protagonizou Martin Landau.

Ryan Gaudet e Joseph Kanarek están a escribir os guións para o novo UFO, que contará coa dirección do debutante Matthew Gratzner, até agora só coñecido por ser o supervisor dos efectos especiais de Iron Man e Shutter Island.

A rodaxe escomezará esta primavera en Inglaterra.