Mais oubeos

0
159

Howling (Oubeos)Os produtores Joel Kastelberg e Etchie Stroh están a preparar o relanzamento da franquía de Howling (Aullidos, en España) co filme The Howling: Reborn.

O director de Gremlins, Joe Dante, realizou o primeiro filme que foi un éxito en 1981 e acadou nada menos ca seis secuelas. Nesta saga, Dee Wallace-Stone era o protagonista no papel dun presentador do telexornal ameazado por un asasino en série que resultaba ser un lobishome.

Os detalles do argumento para este remake/relanzamento ainda están baixo segredo, e tan só sabemos que Joe Nimziki fará o seu debut coma director contando cun guión escrito por el mesmo.

A rodaxe escomezará en febreiro coa vista posta nunha estrea que sería para Halloween do ano que ven.