Kull volve ao cinema

0
160

Kull the ConquerorA prensa francesa ven de anunciar que está en preparación unha nova adaptación ao cinema do persoaxe Kull creado polo escritor americano Robert Ervin Howard na Paradox Entertainment.

Howard creou ao seu heroe aventureiro en 1929 e utilizou-no coma inspiración para o seu seguinte persoaxe,que sería ainda mais popular: Conan o Bárbaro.

Nativo da Atlántida, Kull medra nunha família en Tiger Valley até que unha inundación asulaga a todo o seu clan. Outro clan recólle-o pero cando entra nunha liorta por defender a unha muller que estaba condeada a ser queimada viva, é expulsado da Atlántida para sempre, así que decide navegar ao redor do mítico continente e levar unha vida de mercenário. Chegará a se converter en rei, o mesmiño ca Conan faría milleiros de anos despois. Baixo a súa influenza, Valúsia convérte-se no reino mais poderoso do seu tempo.

A propiedade fora anteriormente levada ao cinema no filme de 1997 criticado polos especialistas Kull the Conqueror, protagonizado por Kevin Sorbo.