Luz verde para Real Steel

0
219

Hugh JackmanO drama con robots loitadores ao xeito de Rocky Real Steel ven de acadar a luz verde para entrar en fase de produción na DreamWorks Pictures.

Hugh Jackman será o protagonista no papel dun ex-loitador que se converte en promotor de combates de boxeo, cando as loitas entre seres humáns sexan definitivamente prohibidas por seren demasiado violentas. Os novos gladiadores serán robots de mil kilos de peso con cualidades humáns.

O acceso do ex-loitador a compoñentes de baixa calidade de robots fará que as súas esperanzas de glória fiquen polo chan, até que descubre a un robot descartado que semella que sempre gaña.

O ex-boxeador descubre asemade que é o pai dun rapaz de 13 anos, e xuntos adestrarán ao robot no seu camiño ao éxito.

Shawn Levy dirixirá este filme, que conta cun orzamento de 80 millóns de dólares e que está baseado nun conto do escritor Richard Matheson (o mesmo de Eu son Lenda). Steven Spielberg e Stacey Snider producirán a longametraxe, cuxa rodaxe dará comezo en xuño.