A actriz de Nick and Norah’s Infinite Playlist Kat Dennings ven de se facer cun papel en Thor, o filme de superheroes que dirixirá Kenneth Branagh para a Paramount Pictures e mais a Marvel Studios. Natalie Portman revelou a nova durante unha entrevista esta semana, pero non desvelou o papel que faría exactamente. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven e a estrea está prevista para maio de 2011.