Lawrence dirixe xente pequena

0
169

In the SmallFrancis Lawrence (Eu son Lenda, Constantine) será o director dunha adaptación ao cinema do cómic In the Small para a Weed Road Pictures e mais a Warner Bros. Pictures.

A novela gráfica orixinal de Michael Hague vai sobre unha estraña explosión que convirte a todos os seres humáns en creaturas de quince centímetros de alto, deixando todo o demás no mundo do mesmo tamaño. Os que sobreviviron á transición son forzados a crfear un novo orde social e axustar-se a un mundo onde os seres humáns xa non son o cúmio da cadea alimentícia.

Mentres tentan averiguar o que é o que aconteceu, a humanidade deberá enfrentar-se a unha nova ameaza existencial. Laura Harrington escribiu a adaptación.

A primeiros deste mes Lawrence reemprazou a Guy Ritchie coma director na adaptación doutro cómic á pantalla grande, neste caso a do persoaxe da Segunda Guerra Mundial Sarxento Rock, e Akiva Goldsman está disposto a producir os dous proxectos. Sarah Schechter será tamén produtora de In the Small.

Estes dous son só dous dos moitos proxectos que ten entre mans Lawrence e podería ser a súa seguinte película. Entre os outros filmes que están na recámara atópan-se a adaptación da novela de Michael Chabon Snow and Seven e mais a adaptación de Water for Elephants.