Outro remake de Amityville

0
193

O horror de AmityvilleA Weinstein Company e mais a Dimension Films están a planear un novo remake dunha das sagas do cinema de terror mais manidas de todos os tempos, The Amityville Horror.

O filme de 1979 converteu-se axiña nun clásico de culto para os afeccionados ao xénero do macabro, especialemnte porque a lenda di que estaba baseado nunha suposta história real dunha família que se mudou a unha casa nova en Long Island, onde descubren que nese mesmo lugar tivo lugar un espantoso asasinato hai uns anos, e que agora a casa está enmeigada.

Andrew Douglas dirixiu un remake en 2005 para a Platinum Dunes que acadou nada menos ca 100 millóns de dólares no despacho de billetes, se ben as críticas que recebiu por parte da prensa especializada non foron para lanzar foguetes. Realmente, din as malas línguas que o único bó que había naquela longametraxe eran os moitos, se cadra excesivos, primeiros plans dos músculos de Ryan Reunolds cos que se obsequiaba a vista das espectadoras.

Todo semella indicar que a produtora está ainda á procura dun director, e até que non se coñeza o seu nome non haberá datas para a posta en marcha do proxecto.