O cineasta uruguaio Fede Alvarez ven de asinar un contrato por un millón de dólares (uns 660.000 euros) para dirixir a súa primeira longametraxe que será un filme sobre unha invasión entra-terrestre para a Ghost House Pictures.
Até de agora, o único mérito de Álvarez fora dirixir unha curtametraxe titulada Ataque de Pánico, unha fita apocalíptica sobre unha invasión de robots xigantes que destrúen a cidade de Montevideo que se pode ver na Rede e cuxa rodaxe custou menos de 330 euros. A curta, realizada con moi boa fasquía, converteu-se axiña nun éxito na Internet. Após da rodaxe, Alvarez vendeu a idea da invasión á produtora de Sam Raimi, a Ghost House Pictures.
Os estudos están agora á procura dun guionista que poida converter a ideia orixinal nunha longametraxe. Se todo vai ben, o mesmo Alvarez sería o director do filme, mentres que Raimi o produciría.