Episódio perdido de Star Trek

0
225

Star TrekCase todos os fans da saga de Star Trek saben que o episódio piloto da série orixinal foron en realidade dous, e que tan só se emitiu ún deles. Pero poucos saben que ademais existiu un terceiro, unha versión alternativa. Esta versión, recén descuberta e remasterizada, aparecerá axiña en formato Blu-Ray cando a CBS Home Entertainment lance Star Trek: The Original Series—Season 3 o vindeiro 15 de decembro xunto a unha chea de extras da terceira tempada.

Unha das sorpresas desta nova versión é o monólogo co que o capitán James Kirk abre o episódio:

Caderno de bitácora da Enterprise, ao mando do Capitán James Kirk. Estamos a deixar atrás esa enorme nube de estrelas e planetas á que chamamos a nosa galáxia. Atrás de nós a Terra,Marte, Venus, mesmo o noso Sol son só motas de pó… A cuestión é: ¿o qué hai aí no negro vacío máis alá? Até agora a nosa misión foi a de regulación da lei do espazo, contactar coas colónias da Terra e a investigación da vida alieníxena… Pero agora, unha nova tarefa. Unha nova proba aló onde ningún home chegou antes.

The Cage foi o primeiro episódio piloto, protagonizado por Jeffrey Hunter coma Capitán Christopher Pike. Os executivos da NBC rexeitaron o episódio por considera-lo “demasiado cerebral” (ademáis de ter problemas con que Spock fose extra-terrestre e que a Número Ún fose unha muller), polo que Hunter deixou a série antes de escomezar. As escenas deste episódio piloto foron logo aproveitadas para os episódios normais titulados The Menagerie, primeira e segunda partes.

Cóida-se que o piloto agora descuberto é o que os executivos da NBC viron realmente e grazas ao cal lle deron luz verde á série. Nel podemos ver a William Shatner coma capitán James T. Kirk e unha división interna en “actos”, Ademáis tenunha música distinta da recoñecida por todos e unha longa escena de acción.

O mais curioso de todo é que a fita foi descuberta en Alemaña, onde un fan ben documentado atopou-na en formato de filme de 35 mm hai anos e finalmente decidiu poñer-se en contacto coa CBS Home Entertainment e coa distribuidora, a Paramount Home Entertainment. O filme foi pasado a vídeo de alta definición e logo remasterizada dixitalmente polo departamento de restauración da CBS.