Remake do burato negro

0
170

The Black HoleO director de Tron Legacy, Joseph Kosinski e mais o produtor Sean Bailey están a planear un remake que relanzará o clásico da ciéncia-ficción de 1979 da Walt Disney Pictures The Black Hole (O Abismo Negro, en España).

A longametraxe orixinal ía sobre un grupo de exploradores espaciais a bordo da nave USS Palomino que atopaban outra nave, a USS Cygnus no borde dun burato negro. Dentro da Cygnus, os exploradores encontran un científico que está ao mando dun exército de robots sen face que explica que a súa tripulación desertou cando el decidiu pasar a través do burato negro.

Os exploradores descubren axiña que os robots son o único que fica da antiga tripulación e que o científico tolo non ten intención de lles deixar marchar.

The Black Hole foi moi famoso na súa época porque se converteu no primeiro filme da Dieney que se calificaba para maiores de 18 anos e daquela rachou os récords de orzamento, con 26 millóns de dólares da época.

Travis Beacham (Killing on Carnival Row, Clash of the Titans) escribirá o guión para o novo filme, que incluirá ao robot vermello Maximilian e tentará esta vez basear-se moito mais nos fundamentos científicos que coñecemos na actualidade sobre os buratos negros. Todo o demais ao respeito do filme ainda fica no segredo.