Fermosas Creaturas

0
153

Beatiful CreaturesA Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a série de cinco novelas fantásticas de Kami Garcia e Margaret Stohl Beautiful Creatures.

A história da saga céntra-se en Ethan Wate, un popular estudante de bacharelato que ódia vivir nunha pequena vila de South Carolina onde nunca acontece ren, até que descubre que está enmeigado por Lena Duchanne, unha rapaza de 16 anos cuxa família ven de se mudar de volta á vila e que desexa ter unha vida normal.

A parella deberá enfrontar-se a un vello feitizo que leva enmeigando á súa família ao longo de moitas xeracións, todo mentres ela debe loitar por manter en segredo os seus poderes.

Richard LaGravenese (P.S. I Love You) será o encargado de escribir o guión e de dirixir a longametraxe, que producirá Erwin Stoff.