Rumores de superheroes

0
170

Lanterna VerdeO actor canadiano Ryan Reynolds, que será o protagonista do vindeiro filme que adapta ao cinema ao persoaxe da DC Comics Lanterna Verde, ven de revelar que ao contrário doutros filmes de superheroes, a história da orixe de Lanterna Verde contará-se rápido na súa película: “É unha história sobre as súas orixes nun certo grao, pero non está moi elaborada, coma esas nas que a verdadeira película comeza realmente no terceiro acto… averiguamos que Hal é o tipo que rápidamente, e a aventura escomeza“, dixo.

Mália que haberá moita acción e efectos especiais, Reynolds admitiu que moitos dos millores momentos do filme son aqueles “nos que o tipo non leva o uniforme“.

Pola súa banda, Jeremy Renner (The Hurt Locker, S.W.A.T.) desvelou nunha recente entrevista que está moi interesado en facer o papel de Hawkeye alomenos nun dos dous filmes que se preparan con este persoaxe: ún será unha aparición no de Thor e outro adicado ao grupo de superheroes da Marvel Comics, os Vingadores, no que está integrado o célebre persoaxe do mestre arqueiro.

Hawkeye podería ser interesante. Van-me enviar algunha documentación sobre el, xa veremos o que é, pero coido que será moi bó, tentará facer filmes de superheroes case plausíbeis e non unha cousa só fantástica“. Preguntado sobre cales serán os filmes nos que veremos a Hawkeye, Renner dixo que “se eu tivera que apostar, apostaría a que Hawkeye aparecerá en Thor, e logo no filme dos Vingadores, pero quen sabe? Eu non. Pero me encantaría que acontecera. Será divertido“.

Nombergantes, Renner engadiu que “o último que souben é que aínda están á procura dun director para os Vingadores“.