Cavanagh é o Ranger Smith

0
187

O urso YogiTom Cavanagh (Ed) será o Ranger Smith na vindeira película que pasará á pantalla grande nunha mistura de acción real e animaciónerada por computador as aventuras do popular oso Yogi para a Warner Bros. Pictures.

O ranger Smith (Cavanagh) será o protagonista masculino deste filme, no que fará do namorado dunha realizadora de documentais (papel que interpreta Anna Faris) que chega a Jellystone Park para rodar unha película.

Dan Aykroyd e Justin Timberlake porán as voces dos persoaxes na versión orixinal, o oso Yogi e mais o seu compañeiro Bubú.

Eric Brevig dirixe o filme co guión de Brad Copeland. A rodaxe deste filme que adapta aos populares persoaxes da série de debuxos animados da Hanna Barbera escomezará axiña en Nova Celándia.