Mais vítimas dos zombis

0
165

ZombisJesse Corti, Joe Pilato, Alona Tal e Cornell Womack veñen de se unir ao reparto de actores de voz que protagonizará o filme de zombis en 3D de debuxos animados xerados por computador e dirixido por Zebediah de Soto Night of the Living Dead: Origins.

Pilato porá-lle a voz a Harry Cooper, un oficinista que vive para a súa filla ferida, e Tal será a súa muller Helen, que culpa ao seu home de todos os males do mundo. Corti será un reporteiro do telexornal, mentres que Womack será un policía de New York tolo.

Todos eles únen-se a Mos Def, a Bill Moseley, quen repite o seu papel coma executivo de Wall Street (xa fixera este papel nun remake de zombis en 1990, daquela con actores reais) e mais a Danielle Harris, unha muller que era o sostén da súa família durante o ataque dos zombis. A história tentará fuxir dos contornos pechados nos que adoitan rodar-se ete tipo de filmes, e grazas aos efectos especiais manterá as cousas nunha escala épica, segundo o seu director.

Simon West e Jib Polhemus son os produtores.