O Hobbit podería adiar-se ainda mais

0
145

Nunha entrevista recente, o director Peter Jackson indicaba que os atrasos na rodaxe de O Hobbit poderían obrigar a adiar a estrea do filme a mediados do verán de 2010, pero agora os rumores son moito mais drásticos e apuntan a que mais ben será até 2012, segundo un executivo da produtora. E respeito da segunda parte do filme, ainda non hai nin unha soa pista, se ben algúns din que podería ser tamén en 2012 e outros a que haberá que agardar ao nadal de 2013.