Pesadelos á pantalla grande

0
190

PesadillasA Columbia Pictures ven de adquirir os dereitos á editorial Scholastic Media para converter a saga de novelas de terror para nenos de R.L. Stine Goosebumps nunha longametraxe por primeira vez. Os libros da série de Goosebumps (traducidos en España coma Pesadillas) xa venderon máis de 300 millóns de cópias, un récord que só foi superado pola saga de Harry Potter.

Deborah Forte, da Scholastic, será a produtora xunto a Neal Moritz a través do seu selo Original Film, unha filial da Sony. Ambas empresas miran para esta saga coma unha posíbel nova franquía da que poden quitar moitos filmes.

Os estudos están a apurar-se e agora están á procura dun guionista. Moritz dixo que posíbelmente fagan un cásting con nenos para escoller actores descoñecidos, e logo xuntalos con actores máis famosos, xustiño coma fixera a Warner coa franquía de Harry Potter.

Publicados por primeira vez en 1992, a saga orixinal de Goosebumps comprende 62 libros traducidos xa a 32 línguas. Agárda-se que a editorial comece a publicar 12 novos tomos con persoaxes xa coñecidos da saga, coma Slappy, a Máscara Enmeigada ou a Mómia. En outono, aparecerá un videoxogo baseado na franquía, publicado pola Scholastic Interactive.

Baseado nesta série de libros, produciu-se unha série de televisión. En España emitiu-se por Antena 3, durante os veráns de 1997 a 1999, dentro do programa infantil Megatrix.