A terceira de Riddick

0
206

Vin Diesel é RiddickA procura de escenários e localizacións para unha nova longametraxe da franquía de Riddick ven de escomezar en Nova Celándia, segundo descelou hai uns días a páxina web que mantén o actor Vin Diesel en Facebook.

No seu apunte, Diesel tamén di que David Twohy xa rematou o guión para a terceira entrega desta saga que protagoniza o carismático persoaxe.

Diesel foi o intérprete do antiheroe de ollos de prata Riddick nas dúas primeiras entregas: Pitch Black de 2000 e As crónicas de Riddick de 2004. A primeira obtivo un grande éxito e axiña converteu-se en filme de culto, mentres que a segunda foi un grande fracaso no despacho de billetes.

Diesel tamén lle puxo a voz ao persoaxe na curtometraxe de debuxos animados Dark Fury e nos videoxogos producidos ao redor do mesmo Escape from Butcher Bay e Assault on Dark Athena.

Twohy indicara anteriormente que o filme sería para maiores de 18 anos e que contaría cun orzamento mais na liña da primeira entrega ca da segunda, deixando o control creativo nas súas propias mans e nas de Vin Diesel.