O Flautista de Hamelin

0
149

The PiperA Persistent Entertainment, a Pantry Films e mais a Zenescope Entertainment producirán conxuntamente unha adaptación ao cinema do cómic da Zenescope The Piper, orixinal de Mike Kalvoda, Joe Brusha e Ralph Tedesco e debuxado por Axel Medellin Machain.

A história de The Piper (O Flautista) tenta dar-lle un toque escuro e sinistro á popular fábulo do Flautista de Hamelin e céntra-se nun estudante de secundária nunha escola de Florida que padece o abuso dos seus compañeiros até que un día sen querer canaliza o espírito do misterioso Flautista de Hamelin. A partir dese intre as cousas escomezan a se lle escapar do seu control e as consecuéncias serán terroríficas.

O proxecto está agora mesmo nas mans dos guionistas, mentres que Matthew Rhodes e Dan Keston serán os produtores.